Presentación do cartel e programa da Semana Santa 2015

O día 17 de marzo, o Pazo Episcopal acolleu  unha roda de prensa para presentar os actos da Semana Santa lucense de 2015.

O coordinador xeral da Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo, Ramón Basanta, destacou  que o Xoves Santo e o Domingo de Resurrección, esta cidade ten o  privilexio, único no mundo e dende o ano 1963, de procesionar coa Sagrada Forma por las súas rúas, que unido ao privilexio inmenmorial de ter exposto o Santísimo de forma permanente na súa Catedral, fai de Lugo unha urbe eminentemente Eucarística .

Presentou varias novidades para este ano, destacando unha exposición de esculturas de metal de grande tamaño, do mindoniense Raimundo Rubal no claustro da Catedral, baixo o título “A redención do home”,  e o "I Concerto de Música Sacra"  no altar do Bo Xesús da Catedral o sábado 28 de marzo.

 Este ano o pregón será a cargo da periodista Sonsoles Ónega,  na igrexa Santiago A Nova o sábado 21 ás 20:30h.

A vicepresidenta 2ª da Deputación Provincial de Lugo, Lara Méndez salientou a cantidade de persoas (3000) que colaboran durante os 12 meses anteriores na organización da Semana Santa de Lugo.

Para a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Carmen Basadre, a Semana Santa é un momento de expresión das conviccións relixiosas de moitas persoas. Tamén sinalou que o traballo das confrarías vese recompensado co disfrute, por parte das xentes, das procesións, da arte sacra…

O Vicario Xeral da Diocese, Mario Vázquez, considerou unha sorte poder dar boas noticias. Para Mario Vázquez, a Semana Santa é a expresión máis fonda de relixiosidade popular e tamén expresa a sociabilidade da xente. Destacou unha tradición que está recuperándose, como é a de realizar o sacramento do bautismo o Sábado Santo.

(Ver programa na secc. de NOTICIAS)

Theme provided by Danetsoft under GPL license from Danang Probo Sayekti