Presentación cartel e programa da Semana Santa lucense 2011

O día 7 de abril presentouse no Bispado de Lugo o cartel oficial e o programa da Semana Santa lucense deste ano 2011. Na presentación estiveron presentes o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, a Xefa Territorial da Consellería de Presidencia de la Xunta en Lugo, Marta Barreiro, a Concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Nuria Mundiña e o Coordinador Xeral e o Vice-coordinador da Xunta de Confrarías, Ramón Basanta Piñerio e Angel Díaz Louzao.

Do programa oficial, ademais do acto central, a Vixilia Pascual, Ramón Basanta, destacou o feito de que na procesión do Xoves Santo, no paso da Última Cea, dende 1963 está vixente o privilexio de trasladar procesionalmente a Sagrada Forma polas rúas de Lugo. Algo que dá singularidade á Semana Santa lucense. Tamén se referiu ás novidades deste ano, como a celebración da Memoria das Tres Caídas de Xesús durante o percorrido da procesión do martes santo

Pola súa parte, o Bispo, monseñor Alfonso Carrasco, mencionou outra procesión que tamén faría única á Semana Santa de Lugo é a procesión do Encontro, o domingo de Resurrección, na que Santa María vai ó encontro do seu fillo resucitado. Aínda que non é unha situación presente nos Evanxeos, calquera cristián pode pensar que tivo lugar. O señor Bispo tamén se mostrou admirado e agradecido a todos cantos colaboran na organización de todos os actos. E que algúns destes sexan na rúa fai máis educativa a Semana Santa.

 

Referente o cartel, Ramón Basanta informó que é obra do fotógrafo lucense Eduardo Ochoa. Nel pode verse un certo contraste entre a imaxe triunfal de Cristo (paso da Borriquiña) e a silueta da Catedral, que está nunha escuridade que representaría un presaxio da Paixón do Señor.(Cartel en portada)

Theme provided by Danetsoft under GPL license from Danang Probo Sayekti