Presentación do cartel e programa da Semana Santa 2017

Esta mañá presentouse no Bispado de Lugo o programa e cartel da Semana Santa deste ano que comezará o venres, 31 de marzo, co pregón a cargo da xornalista, Pilar Falcón Osorio, ás 20.30 h na igrexa de Santiago "A Nova" de Lugo.
No acto de presentación estiveron presentes o Vigairo Xeral da diocese, Mario Vázquez Carballo, a concelleira, Carmen Basadre, o deputado provincial, Eduardo Vidal e o coordinador da Xunta de Confrarías da cidade, Ramón Basanta.
O coordinador da Xunta de confrarías, Ramón Basanta, fixo un percorrido polos actos que terán lugar esta semana Santa, destacando que a Semana Santa de Lugo conta con procesións todos os días, desde o Venres de Dores ata o domingo de resurrección. 
O cartel da Semana Santa deste ano é, de novo, obra do fotógrafo lucense Eduardo Ochoa. Este ano as oficinas de turismo poñerán á venda postais con imaxes da Semana Santa lucense.
Ramón Basanta destacou tamén as singularidades da Semana Santa de Lugo:
A Semana Santa de Lugo conta cunha antiga tradición. Os actos e procesións sucédense ao longo de toda a semana, pero quizais sexan fundamentalmente dous os momentos que a singularizan facéndoa, por iso, especial xa que non se coñecen en España outros actos similares.
A Catedral de Lugo goza do privilexio inmemorial da exposición permanentemente do Santísimo Sacramento na súa Capela Maior. Recentemente concedéuselle a renovación da Indulxencia plenaria cotiá e perpetua.
Este privilexio, único no que sabemos, permite que a tarde do Xoves Santo e o Domingo de Pascua, recóllese a Sacra forma no cáliz, doado á catedral polo bispo Baamonde no ano 1461 e procesiona polas rúas de Lugo sobre unha carroza que representa aos apóstolos e a Jesús sentados á mesa na última cea. Trátase dun privilexio
?    O outro acto excepcional propio da nosa Semana Santa é o que se desenvolve na mañá de Pascua entre Cristo Resucitado e a súa Nai. En Lugo este acto celébrase dentro dunha fermosa cerimonia que na  actualidade é considerada como o acto máis antigo da Semana Santa Lucense. Esta procesión, de orixe medieval, está intimamente ligada co convento de Santo Domingo e co Concello municipal que tiña nun dos seus laterais a Capela da súa patroa Ntro. Sra. do Rosario. Os actos comezaban ata hai poucos anos na igrexa de Santiago A Nova coa saída da procesión e a imaxe da Virxe cuberta cun veo negro. A imaxe vai sobre andas portadas por catro policías municipais ata o recinto catedralicio. Despois e no momento da consagración tiña lugar un acto moi emotivo: aos acordes da marcha real, a tapa que cobre a sacra forma no tabernáculo viraba de sobre si mediante un curioso mecanismo deixando ver a Hostia Sacra, destápase a imaxe da Virxe e colócase no seu colo o neno Jesús.
Isto repetiuse, con lixeiras matizacións propias de cada época, ano tras ano na nosa cidade ao longo dos últimos séculos e é o testemuño vivo da antigüidade da nosa semana maior.

Theme provided by Danetsoft under GPL license from Danang Probo Sayekti